|
 |
 |
» Programa da Xunta Directiva |
LIÑAS DO PROGRAMA ELECTORAL Queremos por en coñecemento de todos os socios e socias uns puntos mínimos que consideramos como eixo para o noso traballo nos próximos dous anos. Tratamos de que sexa un programa aberto no que iremos incorporando todas aquelas propostas e iniciativas que nos fagades chegar tanto os socios e socias como o resto do vecindario. A intención desta candidatura é que o noso traballo sexa expresión do sentir de todos e todas os que aquí temos o noso fogar.
Liñas centrais da nosa actuación para o novo mandato:
- Defender a idea dun Ourense como unha cidade de calidade para vivir, traballar ou pasar uns días de lecer. varios obxectivos xerais :
-
- Os impostos pagados polos cidadáns deben repercutir directamente no seu benestar, deben ser axustados aos servizos que prestan, equitativos e nunca deberían subir por riba do IPC.
2. Mellor regulación do tráfico na cidade: máis espazos para os peóns, para as bicicletas, fomento do uso do transporte colectivo, aparcamentos máis baratos e melloramento da rede viaria. 3. Facilitar a participación dos cidadáns nas decisións que afecten a cidade ou ao seu entorno . 4. Os servizos básicos comúns (auga, parques, alcantarillado,limpeza, seguridade....) deben ser unha prioridade dos nosos administradores. Se queremos un Ourense de calidade é prioritario manter estes servizos con extremada dilixencia pois son os indicadores desa calidade. 5. Integrar social, laboral e eonomicamente as clases mais desfavorecidas.
- Apoiar e respaldar a promoción das zonas verdes
- Unha cidade como Ourense non pode seguir sen ter un planeamento que contemple a creación de espazos axeitados para celebración de actos festivos,culturais e deportivos así como para a realización das diferentes feiras, mercadiños, exposicións, barracas etc .
- O saneamento dos nosos rios debe ser algo prioritario e con especial cariño para o noso Barbaña que a pesar das actuacións que nel se teñen feito precisa dunha recuperación integral e dunha boa adecuación das súas marxes.
- Facer do local da AVV un lugar de encontro de veciños/as, mocidade ,...
- Organizar actividades culturais, deportivas e lúdicas segundo os recursos de que dispoñamos.
- Promover que a zona conte coas dotacións necesarias en servizos educativos, sanitarios e socio-culturais, nese sentido demandaremos que o Concello poña a disposición da Xunta os terrenos necesarios para construcción de novos servizos.
- A praza de cemento non reune as condicións axeitadas para as actividades que ten lugar nela, con importantes riscos para os nenos/as que a utilizan e polo tanto seguimos pedindo a súa remodelación e acondicionamento armonizado co conxunto do Parque e o seu entorno.
- Unha regulación do tráfico na zona e de xeito fundamental nas rúas que bordean o parque a sinalización tanto vertical como horizontal dos limites de velocidade non é suficiente e faise necesario o colocar barreiras que fagan efectiva esa limitación e consigan a salvagarda do importante número de persoas que disfrutan e pasean pola zona, para elo facemos a proposta, entre outras a considerar, de colocación de pasos de cebra elevados.
- Celebramos que se tivera en conta a nosa solicitude dunha liña de bus que pasase pola Avda de Portugal pero temos que lamentar que a cadencia horaria da mesma a poda converter nun fracaso e polo tanto debe reaxustarse eses horarios.
- Unha maior vixilancia do parque. O Concello debe establecer a vixilancia necesaria para que as diferentes instalacións do parque teñan un uso adecuado.
-
|  |
|
 |
|