*
A Asociación
Noticias
» 24-02-2016:
 Actualidade
» 15-01-2016:
 Contaminación do Río Barbaña os días de mercadiño
» 24-12-2015:
 Bon Nadal
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» Saudo da Presidenta

SAÚDO DA PRESIDENTA

Esta asociación de veciños e veciñas leva xa unha actividade continuada de varios anos dende a súa constitución no ano 2001 no que un grupo de veciños e veciñas deste barrio de Ourense, despois dunha serie de loitas pola mellora e conservación do noso contorno, decidímonos a darlle carta de legalidade a un traballo que xa tiña varios meses de andaina.

A nosa Asociación nace cun espírito claramente integrador de todas as tendencias e ideas que se asentan na nosa zona. Dende un principio sempre quixemos deixar ben as claras a idea da pluralidade coa que se conforma tanto a nosa xunta directiva como as súas actividades e propostas. O principio básico que nos move é a loita pola defensa e mellora do noso contorno. Pero tamén somos conscientes de que non vivimos nunha illa e polo tanto esa mellora ten que ir acompañada da mellora do resto da cidade e nós coas nosas propostas e proxectos para o noso contorno máis inmediato sempre tivemos moi presente que iso redundaría nun mellor Ourense para todos e todas.

Para esta presidenta e para o resto da Xunta Directiva esta asociación quere ser tamén un lugar onde estea presente o lúdico, o debate e o encontro entre as xentes desta zona. Queremos que as persoas que aquí vivan, sexan ou non sexan socios ou socias, teñan nesta asociación un referente para calquera proposta ou iniciativa que consideren conveniente e teñan todos e todas por seguro que calquera idea sempre terá unha boa acollida por parte das xentes que agora formamos parte da directiva.

Dende esta paxina web e no meu nome e do resto da Xunta Directiva quero mandar un saúdo a todos os veciños e veciñas do noso barrio animándovos a seguir colaborando e participando neste proxecto.

Asdo. Rocío Díaz Otero
Ourense, setembro do 2005


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: