*
A Asociación
Noticias
» 24-02-2016:
 Actualidade
» 15-01-2016:
 Contaminación do Río Barbaña os días de mercadiño
» 24-12-2015:
 Bon Nadal
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
 Inicio da galeriaInicio da categoria 

Titulo: ourense anos 50
Data: 02-11-2008 17:20
Autor: admin
Vistas: 856
Tamaño: 800 x 513 pixels
Peso: 117771 bytes.
Descrición: No blog Asuvasnasolaina Marcos Valcárcel puxo esta fermosa foto de Ourense nos anos 50. O noso barrio aínda era unha grande horta. Copiamos tamén o texto de Marcos sobre esta foto. Grazas Marcos por traernos esta imaxe e esta descripción deste barrio nos anos 50. http://asuvasnasolaina.blogspot.com/ A MIRADA RETIDA (La Región 19-10-08) O OURENSE DOS ANOS 50 Marcos Valcárcel Velaí unha fermosa foto que amosa unha vista xeral da cidade de Ourense nos anos 50: o fotógrafo, como facían os pintores clásicos dende o Renacemento, soubo utilizar con xeito a árbore do primeiro plano para encadrar esta gran paisaxe urbana. Está tomada dende algún outeiro dos arredores, quizais polo Salto do Can: podemos recoñecer con claridade a Alameda, a praza de abastos, máis atrás a Catedral, ó fondo o cuartel de San Francisco. O Montealegre estaba moi escasamente urbanizado e tampouco existía o que hoxe é o barrio de San Francisco: o medre de moitos barrios veu despois, dende os 60, sobre todo cos cartos da emigración. Máis preto, a cidade remataba nos lindeiros do río Barbaña, a non ser algunhas casiñas ó seu arredor. O resto eran fincas de vides e terreo rural ata a Avenida de Portugal. Nin sequera estaba urbanizada a rúa Dr. Fleming, agás uns poucos edificios de tres pisos. Na zona do ensanche máis moderno xa se erguía algunha torre de volume respectable, pero non se construíra aínda a chamada Torre de Ourense de Antonio Álex Reinlein que dende 1960 marca en altura un dos cumes do plano urbano (Imaxe achegada por Xesús G. Tobío).
Comentarios


Si deseas escribir comentarios puedes Crear una cuenta aqui.
 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: