*
A Asociación
Noticias
» 24-02-2016:
 Actualidade
» 15-01-2016:
 Contaminación do Río Barbaña os días de mercadiño
» 24-12-2015:
 Bon Nadal
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» Mantenemento e Coidados do recinto do Parque Barbaña
A.VV. “BARBAÑA”

 

NOTA DE PRENSA

 

Asunto: Mantenemento e Coidados do recinto do Parque Barbaña

 

 Esta Asociación leva pelexando tanto na anterior lexislatura municipal como na actual para que tanto o noso entorno como a cidade de Ourense sexan lugares cada vez máis humanos,dignos e de calidade para vivir e polo tanto sexamos tamén un lugar cobizado e envexado polos que nos visitan. Para elo fai falla que os responsables das diferentes Administracións se impliquen, segun as súas responsabilidades, na procura desta mellora. Pero ademáis é fundamental que aquelo qué está feito e precisa coidados para manterse e non deteriorarse, tamén sexa algo prioritario para os nosos gobernantes.

 

O Parque Barbaña, no seu momento, adxudicouselle o mantenemento e coidados do 90% do mesmo a empresa ( Construccións Gamallo) que ten a concesión ( durante 40 anos) da cafetería que está ubicada no mesmo. Esta empresa ao longo destes anos ten ido de mal en peor no cumprimento do seu contrato de mantenemento e hoxendía podemos afirmar con toda rotundidade que o grao de incuprimento roza claramente o intolerable e entendemos que habería motivos dabondo para retirarlle esta concesión e os privilexios que leva asociado. A situación acada niveis de importante malestar entre o vecindario pois ao nulo mantenemento e reposición de destrozos hai que engadir que a Cafetería “Agasallo”, reconvertida en restaurante, é un emisor constante de fumos e cheiros a traveso da cheminea situada ao carón das vivendas o que obriga a ter pechadas fiestras e balcóns se non queremos ambientar as nosas casas con arumes de “calamar ou fritagandas varias”.

 

Dende a Xunta Directiva temoslle manifestado a distintos responsables das áreas municipais ( Medio Ambiente e Comercio) que lle teñen que facer cumprir o que esta pactado e asinado, que é responsabilidade do Concello o facer cumprir a lei e os compromisos adquiridos no seu momento pero non vemos intención por ningunha das partes de mover ficha e rematar coa situación de deterioro da zona verde ,de maior superficie,  do centro de Ourense

 

Polo tanto denunciamos ante a opinión pública a deixadez do Concello nas súas obrigas legais e a Construccións Gamallo por non  cumprir o que asinou no seu día no  convenio, actualmente vixente, para o mantenemento do Parque e que se tomen medidas para que a Cafetería/Restaurante  “O Agasallo” elimine aquelas actividades que consideramos insalubres, contaminantes e nocivas para os cidadáns do entorno.

 

Ourens 15 de Abril do 2009.-

 

Asdo

Xunta Directiva


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: