“Outono Fotográfico”
Esta Asociación informa que este ano entramos a formar parte das diferentes entidades e organismos que colaboran co “Outono Fotográfico” un dos eventos culturais e artisticos desta cidade que teñen unha grande relevancia e difusión non só na nosa cidade senon que ten acadado unha importante proxección tanto na Galicia como no resto do Estado e a nivel internacional. A nosa Asociación colabora coa presentación dunha exposición dun fotográfo ourensán ( Carlos Teijeiro), ainda que residente en Madrid, que durante a súa estancia no Campo de Refuxiados de Hamallaj en Kosovo en misión humanitaria fainos un relato visual das duras e inhumanas condicións de vida dos refuxiados que nel habitan. Son 34 imaxes que ao contemplalas deixarán unha clara pegada, na retina dos visitantes, das consecuencias non só da violencia ou a onde pode chegar o ser humán cando afloran a mezquiñez, a xenreira e o odio senon tamén o inutil das guerras para solucionar os conflictos. Unhas imaxes que dende a dor e a dureza nos teñen que levar a conclusión da necesaria loita por un mundo máis xustoe máis humano que non é nin máis nin menos que a pelexa pola paz e contra a violencia. A exposición estará aberta dende o 7 de Novembro ate o 15 de Decembro en horario de luns a venres das 17 as 20 horas e os sabados dende as 12 as 14 horas. Ourense 4 de Novembro do 2008.- Xunta Directiva
|