*
A Asociación
Noticias
» 18-06-2019:
 SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» TRANSPORTE MANCOMUNADO

Transporte Mancomunado

     Esta asociación de veciños xa se posicionou, no seu momento, a favor dun Transporte Mancomunado e sobre a falla de idoneidade de construir un “intercambiador de autobuses” na zona de Tras Alameda. Non vamos agora a insistir naquelas razóns. Os informes técnicos da Policia Local, naquelas datas, a pesar das “oportunas” maquillaxes, son ben evidentes. O que nos move a emitir este comunicado son as recentes informacións na que se resucitan certas cuestións que parecian estar solucionadas como é a posibilidade de que o Intercambiador “mal construido” nas traseiras da Alameda (e duramente criticado tanto polo PSOE como polo BNG) se recupere para uso masivo do futuro transporte mancomunado e non quede para o que se prometeu ao inicio de legislatura, para o chamado futuro “transporte termal”.

Entendemos que a defensa que dende a Dirección Xeral de Transportes da Xunta de Galicia, se sigue  a facer desta proposta   amosa ben as claras que estes governantes  carecen dun proxecto axeitado de planificación racional e sostibel para Ourense e parecen estar máis atentos a defender os intereses de certos  grupos que os intereses xerais desta cidade e provincia.  E cando decimos isto  non é de xeito gratuito ou simplemente descalificador senon por que vemos que:

  1. ¿Cómo se pode dar carta branca a un proxecto que implica traer autobuses (de 40 prazas) ao centro da cidade por unhas rúas ateigadas de automóviles, furgonetas e camións?
  2. ¿Cómo  se pode pensar que nun entorno como o da Praza de Abastos saturada de carga e descarga se lle poda meter outra chea de vehículos de grande tamaño?
  3. ¿Cómo se decide meter estes autobuses nunhas rúas onde as dificultades de entrada e saída son de sobra coñecidas dada a estructura das mesmas (subida a Correos, Dr. Fleming, Baixada a Praza, etc,)  e nas que temos atascos continuados sen necesidade de ser hora punta?
  4. ¿Coñece o Dirección Xeral de Transportes que naquela zona está Correos, un Colexio, Praza de Abastos, saida e entrada dun parking, a feira do 7, 17 e 26?
  5. ¿Sabe esa Dirección Xeral de que nesa zona vai o núcleo central do proxecto termal de Ourense?. Proxecto termal que pretende ser un dos principais motores do desenvolvemento da nosa cidade e provincia.
Esperamos que dunha vez por todas se chegue a un pacto no transporte mancomunado nesta provincia, verdadeira e urxente necesidade pero nunca a costa de pagar un prezo que hipoteque a nosa cidade. Seguro que existen alternativas tanto técnicas como políticas que sen maiores custes para a cidadania fagan da nosa cidade algo máis humano, habitable e atrainte.
Ourense 28 de Octubro do 2008.-
Xunta Directiva

 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: