*
A Asociación
Noticias
» 18-06-2019:
 SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» FALTA COIDADO NO PARQUE, RIO E ENTORNO


A Xunta Directiva desta Asociación seguimos a ver con fonda preocupación a falta de coidado do noso entorno por parte do Concello e lamentablemente  siguén sen porse en marcha medidas que signifiquen un cambio con respecto a etapas anteriores. Entendemos que algunhas actuacións requiren certo tempo pero os meses van pasando e as seguintes  cuestións seguen estancadas:
      O coidado e limpeza do rio Barbaña. O rio volve sufrir os problemas de verquidos incontrolados sen que se tome ningunha medida contra os contaminadores, o que fai que para eles verter no rio se convirta nunha costume. A responsabilidade última é das administracións que deben vixiar e facer cumprir a lei.      A situación do parque, en xeral, sigue sendo de abandono só houbo pequenas intervencións como a reposición das palmeiras pero non é xustificable que no vran tiveran que usar un camión cisterna para o rego diario cando hai un ano o Sr Espinosa dixo que tiñamos o sistema de rego mais avanzado do País. Asi mesmo o Arboredo, césped, muros, lousas, prantas, limpeza,  iluminación etc,  todo, é “manifestamente mellorable”.

       A seguridade no tráfico non se pode arranxar só con sinalización horizontal e vertical. Ao ser unha zona de lecer para nenos e adultos é necesario pór barreiras e límites ás velocidades coas que circulan moitos automovilistas. É urxente e fundamental que os pasos de peóns que rodean o parque sexan elevados para conseguir que a limitación de velocidade sexa unha realidade. 

  A cancha polideportiva instalada na praza de cemento, independentemente das boas intencións que poideron ter os que a idearon, abonda en máis do mesmo. No seu momento dixemos que esta praza non foi pensada nin é axeitada para actividades deportivas infantis (exemplo: o número de pelotas que caen ao rio, co perigo que significa que nenos moi pequenos se metan ao rio a recoller as pelotas como está ocurrindo a diario). Vemos que se siguen a facer reformas sen avaliar nen pensar. Non valen as improvisacións  e os parches que somentes gastan os diñeiros dos contribuintes e non solucionan problemas.
 

    A actitude de permisividade total que se ten cos responsables da Cafeteria “Agasallo” instalada no Parque. Esta cafetería incumple non só o convenio asinado co Concello senon as mínimas normas de respeto aos bens públicos: o Parque parece a súa finca particular, as labores de mantenimento incumpridas, os baños publicos abren e pechan cando lles ven en gana, parte importante do espacio común ocupada permanentemente coa súa terraza, uso da cafeteria como restaurante provocando cheiros permanentes a todolos veciños próximos, recollida deficiente dos residuos que provoca, etc .
 

  A fervenza dos poetas de onde desapareceu, vai varios meses, o monolito adicado a Pura e Dora Vazquez segue sen repoñerse e arranxarse.
 

Por todo elo, despois de máis de 7 meses de aprobados os orzamentos desta ano e sen ver proxectos ou propostas de mellora, consideramos que vai sendo hora de que agromen as realidades prometidas e ampliamente reinvindicadas non só polos que aquí vivimos senon por toda a cidadania que fai uso do parque.
Ourense 2 de Outubro  do 2008.-                                  Xunta Directiva


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: