*
A Asociación
Noticias
» 18-06-2019:
 SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» EXPOSICION FOTOGRAFICA Negro na terra, negro no mar
 

Dende hai más dun cuarto de século, os montes de Galicia cóbrense cada verán dunha capa negra de cinsa por mor dos lumes forestais provocados por mans  irresponsables ou malintencionadas.

Hai seis anos, outras mans irresponsables deixaron que o mar se tinguise dun manto negro, graxento e mortal.

O negro cubriu terra e mar en Galicia aquel ano  de 2002. Pero antes e tamén despois daquela desfeita ecolóxica (¿para cando a próxima no noso treito de autopista do Atlántico?) os montes seguiron a morrer consumidos polas lapas con especial voracidade no interior do país.

Esta colectiva fotográfica aparece agora, seis anos despois do naufraxio do Prestige e dous anos despois do verán negro de 2006, para lembrar dúas desfeitas ecolóxicas que, desgrazadamente, dilúen as diferenzas entre a costa e o interior, e unen a Galicia das dúas velocidades baixo a bandeira dunha mesma cor: o negro.


colectiva fotográfica

 nacho gómez, santi m. amil, carlos punxín,
 ricardo rodríguez, rosa veiga

 
A. VV. Parque Barbaña

Maio, xuño de 2008 

 LOCAL DA A. VV. PARQUE BARBAÑA

 

dende o  22 de maio ao 30 de xuño

horario de visita: de luns a venres  de 18:00 a 20:00 h.


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: