*
A Asociación
Noticias
» 18-06-2019:
 SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS
A.VV. “PARQUE BARBAÑA”

 

COMUNICADO DE PRENSA:  ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

 

Desde que o Concello aprobou os orzamentos do 2008, a Xunta Directiva desta Asociación reuniuse en varias ocasións coa Concelleira de Participación Cidadá, para falar sobre os criterios de distribución dos 400.000 euros que constituen a partida destinada ao orzamento participativo. Na primeira entrevista, a Concelleira aínda non sabia como desarrollar a proposta, despois mostrouse dacordo con que as propostas foran cuestións globais e non localistas e finalmente a proposta da Concellería consiste en que cada unha das máis de 60 asociacións de veciños recollamos sinaturas entre os veciños para que opinen sobre onde invertir eses euros.

 

Desde esta directiva pensamos que fomentar a participación cidadá no destino dos nosos impostos é algo moi positivo, pero lamentamos a solución final proposta desde o Concello, que  convirtese nun reparto de “esmola” e levaranos á ridícula situación de que non dea nada máis que para cambiar catro losetas das beirarúas ou pór catro bombillas do alumeado.

 

Entendemos que a participación conleva debate e así o entenderon cidades que levan anos xa xestionando orzamentos participativos e onde hai un proceso de debate por barrios, distritos, xa sexa en asambleas ou en organismos nos que estan presentes as organizacións do barrios, tanto de veciños como culturais, xuvenís etc. Hai moitos modelos de cómo xestionar este tipo de orzamentos, o Concello de Ourense optou polo menos interesante, polas sinaturas sen debate, polas propostas a cegas, pois non se coñecen as propostas dos outros para asinar a mais interesante e optou polo localismo ao non fomentar as propostas globais para a cidade.

           

Dende esta Asociación propomos que, dado o “raquitico” do orzamento participativo, o destino destes cartos ten que ir para un proxecto global que beneficie a toda a cidade ou, en todo caso, que se inicie algunha actuación que teña continuidade en  exercicios posteriores. Por todo isto, as nosas propostas para este ano son  as seguintes :

 

q       Que nos diferentes centros sociais ou veciñais que teñan locais axeitados e naquelas horas que permanecen sen actividade ( en moitos casos ás mañás)  se fagan diferentes obradoiros destinados aos nosos maiores, onde se poidan traballar distintas cuestións que axuden á mellora do seu benestar psíquico e físico.

q       Contratación de monitores para que os patios escolares dos centros educativos podan abrir polas tardes e fins de semana e os rapaces podan prácticar deporte nestes espacios con persoas responsabilizandose deles.

q       Que os paseos do Miño e Barbaña, nos que pasea e practica exercicio moita xente, se mellore a iluminación, pois nas épocas de Outono e Inverno permanecen varias horas cuasi en penumbra.

q       Dotar aos autobuses urbanos de sinal acústica que informe ás persoas invidentes da parada na que se atopan.

q       Iniciar a creación dunha rede pública de wi-fi que permita o acceso aos veciños e veciñas de Ourense ás novas tecnoloxías dende calquera punto da cidade.

 

Son cinco propostas globais, que consideramos beneficiosas para a cidade e calquera delas pode empezarse a realizarse este ano, dandolle continuidade nos proximos presupostos. Isto é o que  nós consideramos por orzamentos  participativos.

 

 

Ourense 19 de Maio do 2008.-

 

Xunta Directiva.

 


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: