*
A Asociación
Noticias
» 18-06-2019:
 SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» As asociacións veciñais queren maior recoñecemento oficial
A Cogave pide que as institucións teñan sempre en conta as súas opinións

 

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais pechou a súa IX asemblea solicitando atención aos gobernos e instando á Xunta a que trate cos representantes dos veciños casos como os realoxamentos de O Vao ou Penamoa.

 

Por outra banda, os veciños esixirán que se cumpra a Lei de incompatibilidade da sanidade pública, que impide a un mesmo médico traballar en hospitais públicos e concertados, posto que é unha cuestión "controvertida"; e revisarán a fiscalidade das asociacións para solicitar a exención do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), algo que consideraron "imperioso". "Agora só queda elevar estas propostas á Xunta e esperar ata que se cumpran", explicou a nova presidenta do Cogave, Helena González, quen insistiu en que "é moi importante" que se teña en conta a estas asociacións, posto que son "as intermediarias dos veciños". "Podemos axudar moito, o noso obxectivo é facer unha Galiza máis xusta, solidaria, transparente e democrática,", asegurou.

 

Na mesma liña, a recén elevada a presidenta de Cogave indicou que o proxecto da asociación é "facer chegar" á Administración "os desexos e as solucións" dos veciños. "Transmitimos o que desexan os veciños, polo que estaremos aí reivindicando e defendendo as nosas posturas, aínda que tamén abertos ao consenso", apuntou.

 

 

 En canto á situación dos habitantes do poboado chabolista do Vao e do de Penamoa, na Coruña, varias asociacións veciñais das zonas implicadas están a levar a cabo diversas actuacións para impedir os realoxamentos. Helena González defendeu que "se conte coa opinión dos veciños dos barrios onde van ser recolocados os chabolistas". "Non é un problema de racismo, senón de droga", asegurou e apostilou que "hai que saber que queren os veciños e tamén a xente do poboado". Neste senso, amosouse partidaria de facer un "esforzo moi grande" para levar a cabo medidas baseadas no "consenso de todos".

 

 

 


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: