*
A Asociación
Noticias
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
» 24-02-2016:
 Actualidade
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» NOTA DE PRENSA SOBRE O BOTELLÓN
NOTA PRENSA
"A. VV. PARQUE BARBAÑA"
ASUNTO: Botellón
 

Unha vez mais, achégase o vran e non está resolto un problema que causa malestar a cidadans que vivimos no entorno das zonas de botellón. 

Sen entrar en valoracións morais ou éticas, consideramos que a práctica do consumo de bebidas o aire libre durante a noite crea un grave problema de convivencia en moitos lugares da nosa cidade dado que impiden a moitos cidadans disfrutar do seu dereito ao descanso.

 Entendemos que a mocidade ten todo o dereito do mundo a buscar as maneiras de diversión e reunión que consideren máis axeitadas e polo tanto non estamos a condenar estas prácticas, simplemente podense orientar doutro xeito, que beneficiara aos que desexamos un Ourense mellor e máis habitable.  

Sabemos que Limiar ten feito unha proposta de buscar zonas apropiadas para o botellón, damos o noso parabén a que Limiar teña unha postura neste tema, en anos anteriores, cando tivemos numerosas reunións entre o movemento veciñal e os grupos político, Limiar abstiñase de mostrar ningunha proposta.

Nas ultimas reunións realizadas entre o movemento veciñal, casa da xuventude e grupos políticos en Abril de 2007 , hai agora un ano, esta asociación puxo varias alternativas na mesa: buscar zonas apropiadas,  poñer transporte colectivo de ser necesario, poñer unha hora a partir da cal non se permitan ruidos na rúa e polo tanto tampouco no botellón, mais vixianza policial nas zonas de botellón polos posibles actos de vandalismo que se  poidan xenerar , actuacións nese caso, etc…

Non hai solucións maxicas para certos problemas pero consideramos que todolos sectores implicados debemos participar na búsqueda de saídas.

Dende o terreo educativo e sanitario debense promover alternativas saudables e dende os diferentes sectores: políticos, sociais, familia, mocidade, hosteleria etc  debemos colaborar na búsqueda de solucións e o Concello de forma coordinada desde as diferentes Concellerías afectadas debe poñer alternativas enriba da mesa.

   Ourense 5 Abril de 2008

   Xunta Directiva Asociación de Veciños do Parque Barbaña 


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: