*
A Asociación
Noticias
» 18-06-2019:
 SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» DESAPARICION MONOLITO ADICADO A PURA E DORA VAZQUEZ
A desaparición do monolito adicado a Pura e Dora Vazquez no Parque Barbaña é unha mostra clara do deterioro ao que teñen chegado as zonas verdes da nosa cidade e este Parque en particular.
Esta asociación ven demandando dende vai moitos anos o coidado e mantenemento para esta zona. No seu momento aplaudimos iniciativas como foi a creación da “fervenza dos poetas”, pero frente a este feito importante e puntual o governo municipal anterior descoidou os necesarios coidados que precisa unha zona verde e ademais utilizou o parque como recinto  de barracas, feiras, botellón,  etc, actividades propias doutro tipo de espacios e  que provocaron un desgaste constante desta zona verde.  Na actualidade o parque sigue sufrindo a falta de limpeza e ordenación do tráfico os días de feira, a falta de reposición de prantas, arboredo, coidado dos viais e limpeza xeral.
Este deterioro salpicou tamén á obra de Ignacio Basallo, polo que foi necesario retiralo para a súa reparación. Entendemos a necesidade desta reparación pero o seu posterior extravio só podemos calificalo de irresponsabilidade, non queremos entrar en debates sobre “quen é máis culpable”, as cousas non se resolven con “acusacións”  mutuas, senon traballando na procura de solucións e melloras.
As solucións pasan pola recuperación da obra o antes posible e pola súa colocación no parque e e tamén polo coidado e mantemento deste espacio público.
Ourense 29 de Febreiro do 2008.-

 

 

 
Xunta Directiva
“A.VV. Parque Barbaña”

 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: