*
A Asociación
Noticias
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
» 24-02-2016:
 Actualidade
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» ALEGACIÓNS AO PREGO DE CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE LIMPEZA


 A Asociación de Veciños Parque Barbaña,  presentou as seguintes suxestións ao prego de cláusulas técnicas para a contratación dos servizos de limpeza e recollida de residuos na cidade de Ourense:

1.- O documento debería incluír a limpeza periódica do río Barbaña. Entendemos que aínda que unha parte do coidado do río (podas, limpezas de vexetación,..) sexa competencia da confederación hidrográfica, a limpeza periódica é competencia do Concello e máis cando as actividades do propio Concello como son as feiras ocasionan vertidos de lixo ao río.
 

2.- Para comprobar o grao de cumprimento das cláusulas por parte da empresa adxudicataria ademais do previsto no prego debería contemplarse unha comisión de seguimento  formada por representantes dos veciños dos diferentes barrios, ou outras formas de medir este cumprimento que poden ser enquisas periódicas a estes representantes, pois son o propios veciños os máis achegados a este servizo e os mellores coñecedores do seu funcionamento.

3.- Os diferentes servizos deben causar as mínimas molestas aos cidadáns sobre todo nas actividades nocturnas que non deberían ser ruidosas.
 
4.- En calquera caso esta nova adxudicación do servizo non debe supoñer unha suba do recibo do lixo.

Ourense, 21 Xaneiro 2008


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: