*
A Asociación
Noticias
» 18-06-2019:
 SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» OUTRA VEZ O LIXO DA FEIRA NO RIO
FEIRA DO 17
No seu momento,manifestamos que a ordenanza DE VENTA AMBULANTE non ía resolver os problemas que xenera a feira nunha zona tan sensible,  e seguimos reiterando o inaxeitado deste lugar para estes eventos pero o que consideramos moi grave é que nin o mesmo regulamento aprobado polo responsables municipais se cumpra. Era máis que evidente que esa normativa nacia para non ser executada e simplemente foi un intento de tapar a boca os que protestamos contra a ubicación da mesma no Parque .
O estado no que quedou onte o rio Barbaña só admite o calificativo de vergonza. Calquera Alcalde sentiria vergonza se alguen fotografía un rio no centro da cidade como está hoxe o rio Barbaña.
Calquera que se asome pode ver miles de bolsas de plástico no rio, pero ademais tamén verán os sacos negros nos que os feirantes recollen o lixo que xeneran tamén no rio. A imaxe é digna dun documental sobre vertedoiros incontrolados, pois iso semella o Barbaña .

 Esta AVV pide unha vez mais respeto e coidado para o rio e que O Concello deixe de esquivar os problemas escondendose tras normativas  que nin eles mesmos cumpren nin son quen de facer cumprir. Compre tomar outro tipo de solucións que pasarían por un traslado das feiras a outro lugar.

Ourense , 18 de Xaneiro de 2006

Xunta Directiva  AVV Parque Barbaña     .


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: