*
A Asociación
Noticias
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
» 24-02-2016:
 Actualidade
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» O ENTORNO DAS BURGAS: BEN DE INTERESE CULTURAL

 

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS PARQUE BARBAÑA ven de presentar as seguintes alegacións e consideracións ao expediente de declaracion de ben de interese cultural do conxunto de fontes das Burgas e entorno. .

 

 1º.-Esta asociación considera vital para o futuro desenvolvemento da cidade de Ourense a protección  do conxunto termal das Burgas , do edificio da Praza de Abastos , do edificio da antiga  Cárcere , protección entendida como impedimento de que se use patrimonio cultural para posibles especulacións urbanísticas  e protección entendida como forma de acadar unha cidade mais humana, mais saúdable, mais sostible económicamente e en definitiva unha cidade para vivir. É por iso necesaria esa declaración de ben de interese cultural nesta zona da cidade.

2º.-Esta declaración contribuirá ao desenvolvemento desta zona como zona termal, e con elo séntanse as bases para o desenvolvemento económico da cidade de Ourense, xenerando un turismo de calidade e ao redor del unha industria non deslocalizable e polo tanto riqueza sostible para esta cidade.

3º.-O futuro plan de actuación deberá incluir a creación dun balneario na zona e a restauración dos edificios da praza de abastos e do cárcere , para que estas actuacións non supoñan unha perda irreversible é necesaria a protección do patrimonio desta zona histórica da cidade que impida actuacións salvaxes reconvertindo a praza de abastos nunha “gran superficie comercial”  ou espacios como o da antiga casa de baños nun macro hotel discordante con todo o entorno.

4º.-Entendemos imprescindible manter o Parque Barbaña na area de protección , a súa inclusión posibilita a ampliación do espacio verde , dos servizos termais e de ofertar ao espacio termal un entorno de calidade. Entendemos que a zona termal non se pode concebir somentes como o espazo que quede dentro das paredes dun balneario, os usuarios e visitantes teñen que atopar no perímetro próximo un lugar agradable e que teña consonancia con ese entorno máis humano, máis saúdable e habitable que se quere construir.

5º.-O perímetro de protección que se establece en dita resolución debería ser ampliado , incluindo a Alameda , porta que une este recinto protexido co casco histórico da cidade e a súa vez , en si mesma símbolo histórico da mesma, e que conten elementos coma o palco da música , a zona arborada, as fontes e outros monumentos que en sí mesmas son merecedoras de tal protección.
 

Ourense, 23 de Xuño do 2006
Xunta directiva AVV Parque Barbaña


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: