*
A Asociación
Noticias
» 18-06-2019:
 SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» PASARELA, BOTELLÓN E OUTROS

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños do Parque Barbaña , dirixiuse unha vez mais ao Concello para transmitirlle a súa preocupación polo estado e mantenemento das zonas noso barrio

1.- PASARELA : O último arranxo realizado a pasarela non merece outro adxectivo que o de ridículo e insultante. Vimos como lle insertaron na zona central unha táboas pegadas para solucionar o problema dos tacóns e despois como lle clavaron puntas dado que se levantaban .Por suposto sigue sen resolver o problema do chan esbaradizo, nin dos tacóns que se meten nas ranuras e aumentou un problema dado que as táboas que introduciron levántanse e provocan tropezos nelas e caídas coma a que aconteceu hai uns días. Esta asociación pide que se tome en serio este problema e se dea unha solución definitiva ao chan desta pasarela que evite mais tropezos e lesións nos cidadáns que a utilizan.

2.- TERRAZA DO AGASALLO : despois de denuncias e conversas tanto co Concello como co propietario seguimos vendo como coa pasividade municipal a actividade da Cafetería provoca unha grande suciedade no entorno, tanto na pedra do parque como nas beirarúas. O uso inadecuado dos contenedores que utiliza tal cafetería provocan suciedade e cheiros frecuentes e ademais fai que as beirarúas estean cheas de grasa e polo tanto esbaradizas.

3.- BOTELLÓN : asistemos esta asociación perprexa ao ver como o botellón foi trasladado da Alameda ao Parque Barbaña, traslado realizado coa colaboración da policia lócal supoñemos que baixo ordenes do Concello. ¿ Considera o goberno municipal que o Parque Barbaña é mellor sitio que a Alameda para o botellón? Henos díficil de entender que sexa así. O botellón ademais das molestias polos ruidos nocturnos provoca un problema de limpeza que o Concello debería ter a máxima prioridade en solucionar. Ao día seguinte os servizos de limpeza do Concello veñan as 12 de mediodía , cando hai nenos no parque desde a mañá xogando entre botellas ¿ é iso preocupación polas consecuencias do botellón? . Os servizos de limpeza usan os contenedores da urbanización para recoller o lixo do botellón que deixan cheos e polo tanto sen servizo para os veciños ¿ Non ten o Concello contenedores para recoller o lixo do Botellón? ¿Non pode pasar o servizo de limpeza antes das 12 da mañá do día seguinte?


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: