*
A Asociación
Noticias
» 18-06-2019:
 SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» POLEMICA TRANSPORTE MANCOMUNADO

Desde a Directiva desta Asociación non podemos menos que manifestar a nosa opinión  o escoitar os “lamentos” tardíos de moitos sectores da sociedade ourensán sobre os problemas que vai traer para a nosa cidade o modelo de transporte mancomunado diseñado polo governo do PP  coa colaboración da alcaldía do Sr.Cabezas e que finalmente vai executar o PSOE .
Sorprender, non nos sorprende esta hipocresía social, pois nós  que fumos os pioneiros en denunciar e por sobre a mesa os problemas que se ían derivar dese modelo do “intercambiador” vimos como, excepcións aparte, ninguén quixo dar a cara  e fumos descalificados con innumerables adxetivos, que non imos repetir aquí ,e que agora para nosa satisfacción e orgullo estanse volvendo contra aqueles que os pronunciaron e que  permanecen acochados e de novo manipulados polos mesmos que os empregaron como ariete contra os que loitamos por un Ourense mellor e por unha cidade con servizos do seculo XXI
 Non queremos repetir os argumentos que demos no seu momento, poden consultarse as hemerotecas, e que siguen de rabiosa actualidade pero queremos decir:
1º.- ¿Como poden ser tan variables os informes da Policia Local? primeiro se decia que o do Intercambiador “sería un grave problema” para  despois pasar a ser un informe “sen problemas” para tranquilidade do responsable de trafico Sr. Alonso  e agora a mesma Policia Local volve a decir que “será de gran impacto”.
2º.- O Sr. Aurelio Villar “gran defensor do pequeno comercio”  sinalaba como a “salvación” da praza de abastos o que agora todos parecen ver como a gran mentira e demagoxía dalgúen que  non lle importan os problemas da cidade en tanto os seus intereses saian beneficiados.
3º.- Como mudou a apreciación do Sr. Rodríguez que pasou de decir que habería un “pouco máis de atascos” a decir  na prensa que “a presencia do autobús da Valenza xa é un gran problema”.
4º.- Onde están agora os Srs da Federación Limiar que non dubidaron en porse do lado dos intereses dos que somentes pensan no “seu negocio” e non do lado dos veciños Ourensans que serán os que soporten os atascos.
5º- Onde están as asociacions do comercio que recolleron mais de 4000 sinaturas a favor do intercambiador?
6º.- ¿ Como os Srs do PSOE non son quen de ver que a posta en marcha dun modelo de transporte mancomunado pode hipotecar un  novo modelo de cidade e de transporte mancomunado axeitado as necesidades da poboación?.
7º.- ¿Como os Sres do PSOE que dixeron a esta directiva estar en radicalmente en contra do intercambiador, son agora os executores e últimos responsables desta ridicula miniestación de autobuses no centro da cidade?
8º.-¿Cómo os medios de comunicación están agora tan interesados neste debate e no seu momento, dada a importancia do mesmo e o impacto que pode ter en Ourense, se esqueceron e pasaron por alto esta situación? Xa daquela eran 148 autobuses polo centro da cidade.
Doenos dicir que sentimos tristura por ter unha sociedade civil e política  tan “voluble”, tan adormecida, tan falta de proxectos serios, cunhas miras que non van máis aló do “pan para hoxe e fame para mañan” nun lugar onde, dada a nosa posición socioeconómica, farían falta  partidos, asociacións, sindicatos, patronais, etc con ilusións , con proxectos para as maiorías  e non para os “amigos”, con visión de futuro e non suxeitas a mediocres “interesés políticos” .
En definitiva esta polémica reflite que non vale de nada laiarse se non temos interés en mudar as situacións e dende esta Asociación, dende a nosa independencia, seguiremos nesa aposta por aquel lema que empregamos na nosa campaña contra o Intercambiador e a favor do Parque Barbaña e do rio que decía: “A mellora do noso entorno é unha mellora para a nosa cidade”.


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: