*
A Asociación
Noticias
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 24-02-2016:
 Actualidade
» 15-01-2016:
 Contaminación do Río Barbaña os días de mercadiño
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» FEIRAS DO 7, 17 e 27
Cumprimento da ordenanza da venta ambulante.

 No seu momento,manifestamos que dita ordenanza non ía resolver os problemas que xenera a feira nunha zona tan sensible,  e seguimos reiterando o inaxeitado deste lugar para estes eventos pero o que consideramos moi grave é que nin o mesmo regulamento aprobado polo responsables municipais se cumpra.

O incumprimento viria refletido polo seguinte:

  1.  A feira do 7 , 17 e 27  provoca que nestes días se corte o tráfico na rúa Pura e Dora Vazquez , cando no punto 6 do título II da ordenanza de venta ambulante do Concello de Ourense  di “ os postos non serán permitidos en lugares que dificulten os acessos a circulación peonil ou de vehículos”.
  2. Tamén se incumpre este artigo coa instalación de postos de venta nas beirarúas na ponte que cruza o Barbaña entre Portocarreiro e o Parque.
  3. Así mesmo o estado no que queda o rio os días de feira  evidencia que ou ben os vendedores non cumpren co punto 14 do título IV  ou ben o servizo de limpeza non executa a súa función. Baste como exemplo que na última feira quedaron no rio máis de 6 caixas de zapatos ademáis das bolsas habituais.
     Esta AVV pide unha vez mais respeto e coidado para o rio e que O Concello deixe de esquivar os problemas escondendose tras normativas  que nin eles mesmos cumpren nin son quen de facer cumprir. Compre tomar outro tipo de solucións que pasarían por un traslado das feiras a outro lugar  e mentras tanto tería que haber unha clara delimitación da zona a usar ou incluso unha redistribución dos espazos existentes na zona.
  4. FOTOS SACADAS O 18 DE FEBREIRO 24 HORAS DESPOIS DE REMATADA A FEIRA

      
      



 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: