*
A Asociación
Noticias
» 18-06-2019:
 SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» O intercambiador siguese construindo
A AVV  Parque Barbaña dirixiuse a Consellería de Ordenacion territorial e transporte  e a Delegacion Provincial pedindo a paralización do intercambiador de tras Alameda. e que se consensúe e se deseñe un novo modelo de transporte mancomunado que ofreza un servicio racional e responda as necesidades dos cidadans e non só aos intereses das empresas.
 

Esta Asociación manifestou en numerosas ocasións o seu rexeitamento ao modelo de transporte mancomunado presentado polo anterior goberno da Xunta de Galicia .Tamén manifestaron o seu desacordo con este modelo o PSOE  e o BNG, é por iso que esta Asociación veciñal lle pide a Consellería dirixida polo PSOE coherencia coas posturas mantidas anteriormente por esta organización política.
 

O transporte mancomunado é unha necesidade básica para a nosa comarca, basta o exemplo da problemática que está vivindo o Concello de Barbadás. Demandamos unha solución urxente que se concrete nun novo proxecto que non conleve  convertir a nosa cidade en máis ruidosa, en máis colapsada no tráfico das rúas principales, en menos humana e menos habitable e ademais hipoteque o desenvolvemento desta parte tan importante da cidade como é o entorno das Burgas .

O intercambiador nesta zona vai crear tremendos atascos na zona de Progreso, ponte das Burgas, praza de abastos e Doctor Fleming ou Parada Justel, asi mesmo o que debía ser o centro turistico e termal desta cidade non se pode convertir na zona de estacionamento de autobuses Os futuros balnearios non poden estar situados nun mar de ruidos e atascos. Se queremos facer unha zona atractiva ten que ser a base de crear unha zona peonil, habitable, conectada coa zona verde do Barbaña e a súa saida cara as beiras do rio Miño. 
 

Entendemos que a erronea planificación do goberno anterior conleve agora problemas de xestión pero se hai vontade política de facer ben as cousas todos sabemos que se poden buscar alternativas, que se pode chegar a acordos coas empresas e cos constructores e sobre todo que non se pode remendar unha mala actuación anterior insistindo en manter un proxecto irracional que non vai resolver nada (pois ao fin a son só unhas marquesinas que costan 80 millons das antiguas pesetas) , e si vai crear problemas novos de tráfico e de desenvolvemento desta cidade.
 


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: