*
A Asociación
Noticias
» 18-06-2019:
 SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019

Como tódolos socios e socias sabedes por diferentes información que temos enviado noutras ocasións, levamos dous anos nos que a nosa Asociación pasa por dificultades económicas importantes, derivadas basicamente de que o Concello e Deputación de Ourense levan sen executar as subvencións correspondentes enxeito e prazo. De tal maneira, que so coas cotas dos asociados é imposible facer fronte a certos eventos como son a tradicional Sardiñada do San Xoán no 23 de Xuño.

Froito desa falta de gobernanzanas nosas institucións públicas vémonos na obriga de suspender a Sardiñada do 2019.   

Lamentamos fondamente ter que tomar esa decisión e sobre todo por ser unha das xornadas nas que hai unha gran participación e sempre é agardada con moita ilusión pola maioría dos asociados. Valoramos diferentes alternativas para non ter que facer esta cancelación pero a importancia do financiamien toda mesma e non ter nada máis que os recursos imprescindibles para ir cubrindo os gastos máis urxentes non nos deixou outra saída.   Agardamos a vosa comprensión e tentaremos que para as datas do Magosto podamos voltar a xuntarnos con forza e ilusión.  

Asinado
Xunta Directiva Asociación de Vecinos "Barbaña"

 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: