*
A Asociación
Noticias
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 24-02-2016:
 Actualidade
» 15-01-2016:
 Contaminación do Río Barbaña os días de mercadiño
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
A Asociación veciñal Barbaña temos denunciado en múltiples ocasións a situación que está a padecer o Rio Barbaña dende vai moitos anos. Non pasa mes ou semana no que un novo verquido sexa nova. Son tantos que xa parecen formar parte do "normal" , polo que levan a deixar de crear inquietude e impacto nos veciños e veciñas de Ourense. Os compromisos adquiridos no seu día  por diferentes responsables das distintas Concellarías, de Medio Ambiente, da Confederación Hidrográfica, etc  que teñen competencias nesta materia brillan pola súa ausencia.

O certo é, que rio Barbaña está plagado de verquidos e falto de vida, as augas son cada vez menos habitables e máis cheas de compostos químicos. As inversións da Deputación en detectores de vixiancia, os compromisos dos Empresarios dos Poligonos de San Cibrao e Barreiros, dos Concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas son totalmente inoperativos e non funcionantes. O papel da Fiscalia e demáis instrumentos xuridicos e policiais non parecen cumprir o seu papel.  Consideramos que existe unha deixadez e unha desidia que vai incrementándose mes a mes e que repercute de xeito negativo nunha parte da natureza que atravesa a nosa cidade polo centro da mesma. Que limita e bordea o monumento máis visitado da nosa provincia que son as Burgas, pero esto non parece importarlle a case ninguén. En calquera lugar do noso entorno, se as agresións ao medio ambiente, nun lugar tan sensible e importante tivesen lugar, non dubidamos que a cidadanía tería tomado un papel de maior denuncia e solicitude de solucións e sancións. Neste noso Ourense, parece que, existe un adormecemento e que esa asociación entre "Rio Barbaña e Cloaca" sexa un signo da nosa "identidade". Dende a nosa Asociación nos rebelamos contra esto e pedimos que se fagan cumprir as normas, que se realice unha investigación a fondo, que dunha vez se poñan as medidas de vixiancia e prevención para evitar que os delincuentes e criminais sigan a dañar o ben común e se os responsables da Administración non son quen de facer o seu traballo que se vaian, que dimitan, pero que deixen de seguir enganando e permitindo estas cousas.Ourense 29 de Maio do 2018.-  Asdo: Rocio Díaza Otero. Presidenta Asociación
 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: