*
A Asociación
Noticias
» 24-02-2016:
 Actualidade
» 15-01-2016:
 Contaminación do Río Barbaña os días de mercadiño
» 24-12-2015:
 Bon Nadal
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» Contaminación do Río Barbaña os días de mercadiño
Dende esta Asociación vimos denunciando de xeito repetido e conxuntamente coa Plataforma Ríos Limpos os problemas históricos de falla de atención ao cauce dun dos ríos que cruza a nosa cidade e ao pé do centro neurálxico do termalismo de Ourense como son as Burgas. Tamén temos denunciado a total impunidade coa que actúan os que contaminan e deterioran este río. Non nos imos estender máis nesta cuestión pois para eso poden consultarse as hemerotecas e os xulgados de Ourense.
Nesta ocasión queremos chamar a a atención sobre o reiterado dunha práctica que as autoridades tanto municipais, como medio ambientais, como da Confederación Hidrográfica do Miño non parece que teñan moito interese en darlle unha solución.
No mes de Decembro, na primeira quincena, a Confederación Hidrográfica fixo unha limpeza importante do leito do río Barbaña, retirando centos de obxectos e materiais que moitísimo irresponsables verten e tiran ao mesmo. Unha das principais causas desas verteduras teñen que ver coa celebración dos mercadillos do 7,17 e 26 de cada mes ao pé dese cauce. Resulta moi triste e lamentable que despois desa limpeza no primeiro mercadillo do ano, no día posterior a festa dos Reis o río quedase de novo cheo de materiais e restos (achegamos documentación gráfica) procedentes dunha práctica habitual e consentida polas nosas autoridades .
Resulta incomprensible que se vexa como os vendedores ambulantes non empregan os dispositivos para recollida do lixo posto a súa disposición, como desprezan e maltratan a zona pública que se pon a súa disposición e o fan coa seguridade de que estas prácticas non están perseguidas, nen son sancionadas polos responsables que teñen que tomar medidas. Está moi ben facer limpeza e coidar o río pero é moito máis importante evitar que a contaminación e a lixo chegue ao mesmo. Seguramente se evitamos isto tamén poderíase reducir de xeito moi importante as limpezas.
O máis lamentable é que sexa unha Asociación de Particulares, a de comerciantes da Praza de Abastos, a que xestiona, a que recauda e a que se beneficia deste mercadillo e teña que ser toda a cidade a que pague as consecuencias.
Membros do Grupo Municipal de Goberno, Responsables da Xunta de Medio Ambiente e da Confederación Hidrográfica póñanse de acordo e rematen dunha vez por todas con esta situación. Fagan cumprir as normas e de non ser así sancionen aos responsables.




 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: