*
A Asociación
Noticias
» 24-02-2016:
 Actualidade
» 15-01-2016:
 Contaminación do Río Barbaña os días de mercadiño
» 24-12-2015:
 Bon Nadal
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» NOTA DE PRENSA: Os incumprimentos do Concello de Ourense
Asunto: Os incumprimentos da Alcaldía de Ourense.

O 17 de Octubro do 2014, van catro meses, a xunta directiva desta Asociación reuniuse co grupo de Goberno do Concello de Ourense para por en marcha unha serie de medidas que tiñan que ver co importante deterioro e situación de abandono do parque Barbaña e todo o que ten que ver co seu entorno.
Nesa xunta, a Alcaldía comprometeuse e ir poñendo as medidas necesarias para corrixir unha situación que xa se ten convertido nun importante problema de cronicidade e polo que parece "as boas intencións" alí manifestadas só quedaron niso, en "boas intencións" pois pasados estes meses non se ten albiscado nin a máis mínima das intencións para corrixir as situacións.

A Pasarela sigue co seu "longo abandono", o chan cada vez máis deteriorado, o sal que se lle bota para minorar as xeadas contribúe de maneira moi importante a ese deterioro, houbo compromiso de que os técnicos deran alternativas e solucións pero seguimos a espera dende vai xa dúas lexislaturas.

A Cafetería do Parque. Retirada a concesión a empresa Gamallo, non hai visos de nova apertura e todo elo produce un abandono e deterioro das instalacións. A carpa instalada, de xeito ilegal, no espazo exterior está rachada e con risco de danar a persoas despois dos últimos temporais. Está avisado o Concello para proceder a súa retirada pero non hai sinais de actuación algunha.

As Feiras. Sigue sendo escandaloso que se permita facer a moitos vendedores ambulantes o que lles salga da gana: aparcar en calquera lugar, meterse coas furgonetas polos paseos peonil do parque, meterse polo cesped, deixar sen recoller o lixo, tirar o lixo ao rio Barbaña, etc . Resulta inconcibible que nunha cidade do século XXI se permitan estas cousas. Non hai , nen tampouco se teñen visto ningún tipo de medidas correctores, isto parece a "lei da selva".

O Parque. O nivel de mantemento do mesmo está baixo mínimos. Cesped deteriorado, lousado roto sen repoñer, fontes cheas de lixo e sen funcionar, non hai baños públicos, iluminación sen repoñer, arborado sen coidar, fanse podas que quedan a medias, consentimento sen control de uso por parte de donos de cans dos espazos verdes para facer as necesidades, etc . A zona da praza de cemento sigue sendo un claro "monumento" a necedade urbanística do seu momento e está convertido nun espazo desordenado falto de coidados.

O Tráfico. A situación de caos que se produce os días de feira, cunha falla total de ordenamento na zona, sumáselle que nos se poñen medidas de control e limitación da velocidade nas rúas poñendo en risco as persoas maiores e nenos que veñen a pasear ou xogar ao parque.

Dende esta Directiva, denunciamos estes incumprimentos e sobre todo a falla a "palabra dada", esperamos durante catro meses, confiados, en que se irían vendo as solucións pero vemos que remata a lexislatura e as palabras "levounas o vento" e o vecindario ten que seguir apandando coas consecuencias dunha nefasta e nula xestión do que ten que ser a labor de alguén que se denomina "Grupo de Goberno".

 


Ourense a 17 de Febreiro do 2015.-
Asdo: Xunta Directiva

 



A prensa, faise eco da nota de prensa emitida pola Directiva da Asociación Barbaña en relación cos incumprimentos do Concello de Ourense:





 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: