*
A Asociación
Noticias
» 24-02-2016:
 Actualidade
» 15-01-2016:
 Contaminación do Río Barbaña os días de mercadiño
» 24-12-2015:
 Bon Nadal
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» NOTA DE PRENSA: Falta de limpeza no Rio Barbaña na zona do Parque Barbaña

NOTA DE PRENSA


ASUNTO: Falta de limpeza no Rio Barbaña na zona do Parque Barbaña

A Asociación veciñal Barbaña temos denunciado en múltiples ocasións a situación que está a padecer o parque Barbaña e o Rio Barbaña dende que se decidiu facer o mercadiño da feira dos días 7, 17 e 26 de cada mes.

Os compromisos adquiridos no seu día e por diferentes responsables das distintas Concellarías que teñen competencias nesta materia brillan pola súa ausencia. O regulamento de venta ambulante, non se cumpre, moitos dos vendedores non respectan as zonas verdes (aparcan e moven as furgonetas por onde lles parece), non recollen o lixo de xeito eficaz, etc. e os responsables do Concello non cumpren nin fan cumprir as normativas.

A Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos verdadeira beneficiaria destes eventos pois son eles os que cobran pola instalación dos postos eses días, nin colaboran, nin participan dos custes da limpeza despois de cada xornada do mercado.

O certo é que rio Barbaña está pagado de restos de bolsas de plástico, papeis e outros materiais que proveñen fundamentalmente desta actividade. Ademais os vendores aparcan os seus coches en lugares onde nos está prohibido ao resto dos cidadáns, colocan os seus postos obstruíndo as beirarrúas e os pasos de peóns. Consideramos que existe una deixadez e unha desidia que vai incrementándose mes a mes e que repercute de xeito negativo no Parque e na contaminación do rio.

Polo tanto pedimos que se fagan cumprir as normas, que se faga unha limpeza a fondo da situación actual no Rio Barbaña e que os días de mercado se actúe de xeito rápido despois de rematado, o mesmo, para evitar que o lixo se espalle.

Ourense 16 de Marzo do 2014.-

Asdo.: Rocio Díaz Otero
Presidenta

 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: